Axuda Plan de Emprego Local 2021
Beneficiarios:
Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, que con anterioridade o 10 de marzo de 2021 desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro e con actividade nun concello da provincia da Coruña.
Atoparase ao corrente nas súas obrigas con Facenda, Seguridade Social e Deputación da Coruña dende a presentación da solicitude.
PEL EMPRENDE INVESTIMENTO
Requisitos dos destinatarios:
- Ter enderezo fiscal nalgún concello da provincia da Coruña.
- Ter unha antigüedade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial.
Gastos subvencionables
- Aplicacións informáticas: refirese o coste na propiedade ou polo dereito de uso de programas informáticos adquirido a terceiros.
- Maquinaria: conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante os que se realiza a extracción elaboración dos produtos ou prestación de servizos.
- Mobiliario: mobiliarios, material e equipos de oficina.
- Equipos para procesos de información: computadoras e demáis conxuntos electrónicos.
Quedan expresamente excluídas: instalacións, mantementos, portes, reparacións, obras, reformas, cubertas, carpas, alugamento, rotulacións, instalacións técnicas (climatización, iluminación, telefónicas,…), páxinas web, hostings, dominios, mantementos das aplicacións informáticas, subscricións anuais, canons, elementos de transporte, o material funxible para a realización da actividade, artigos de decoración, televisores, iluminación, aparellos de climatización, sistemas de seguridade, telefonía, teléfonos móbiles, routers,…
CRITERIOS A TER EN CONTA:
- Debe tratarse de investimentos novos.
- I IVE non é subvencionable sexa susceptible de recuperación ou compensación pola entidade.
- O orzamento mínimo de gasto a solicitar é de 3.500 euros e o máximo de 25.000 euros, en ambos topes excluido o IVE.
- Os investimentos deben realizarse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021, se a resolución da axuda é posterior o 15 de decembro de 2021 ampliarase o prazo para facer o investimento ata o 1 de marzo de 2022.
- O pago dos investimentos deberá ser mediante movemento bancario (transferencia, cheque nominativo, cargo en conta, ingreso en conta,…), nunca pago en efectivo.
IMPORTE DA AXUDA:
O importe da axuda será do 70% do orzamento presentado, sendo a axuda máxima de 17.500 euros (sen IVE).
OBRIGAS:
- Destinar os bens subvencionados ao fin concreto para o cal foi concebida a axuda por un período mínimo de 2 anos a contar desde a adquisición do ben.
PEL – AUTÓNOM@S
Requisitos dos destinatarios:
- Ter enderezo fiscal nalgún concello da provincia da Coruña.
- Ter unha antigüedade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial.
- Non estar a recibir ningunha axuda por parte de ningún organismo para sufragar as cotas sociais de autónomo para o período subvencionado.
Gastos subvencionables:
- Cotas mensuais de autónomos correspondentes a cotas non bonificadas por ningún outro organismo público nin privado.
Obrigas:
- Manter a alta de autónomos durante todo o período subvencionable.
PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN
Axuda para a contratación de persoas en situación de desemprego.
REQUISITOS DOS DESTINATARIOS:
- Domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
- A actividade da empresa debe estar relacionada cos perfís profesionais da persoa contratada.
- O posto de traballo a subvencionar debe ser un posto de nova creación. De maneira que si a entidade foi beneficiaria en convocatorias anteriores debe constar de alta no seu cadro de persoal o traballador do posto de traballo subvencionado en convocatorias anteriores.
REQUISITOS DAS PERSOAS A CONTRATAR
- Estar empadroado en calquer municipio da provincia da Coruña.
- Estar desempregado inscrito na oficina de emprego.
EXCLUSIÓNS
- Contratacións realizadas con traballadores que nos 6 meses anteriores á data de contratación prestasen servizos na mesma empresa mediante un contrato indefinido ou temporal (excepto contrato de formación ou prácticas).
- Traballadores que finalicen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a axuda, agás que dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou despido recollido no artigo 49.1.g, 51 e 52.c do Estatuto dos Traballadores.
- Relacións laborais de carácter especial.
- Contratacións para posta a disposición.
- Contratos realizados co cónxuxe, ascendentes e descendentes e demais parentes por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao inclusive
REQUISITOS DA CONTRATACIÓN
- Será subvencionable calquera modalidade contractural das recoñecidas no Estatuto dos Traballadores.
- A duración mínima do contrato debe ser de 12 meses.
- Subvencionarase tanto contratos a xornada completa como parcial.
- Subvencionaranse as contratacións realizadas entre o 1 de xaneiro de 2021 e ata un máximo de 1 meses a contar desde a data de publicación no BOP da resolución de concesión da axuda.
IMPORTE DA AXUDA
O importe da axuda é do 70% do coste salarial do traballador contratado, entendéndose por coste salarial o soldo bruto e a cota da seguridade social a cargo da empresa (non se subvencionan horas extraordinarias, indemnización por fin de contrato, roupa de traballo, dietas e quilometraxe).
O importe máximo a conceder será de 15.400 euros.
CRITERIOS A TER EN CONTA
A nómina do traballador deberá ser aboada por transferencia bancaria.
Obriga de manter o nivel de emprego existente na empresa dende o 25 de febreiro de 2021 e durante todo o periodo subvencionable. No caso de contratacións realizadas previas o 25 de febreiro de 2021, a obriga de mantemento comenzará desde o momento de contratación do traballador subvencionado.
PEL PEMES MANTEMENTO
Axuda para o mantemento da contratación laboral indefinida de persoas contratadas con cargo ó Programa Pel Pemes Creación e Ampliación 2020.
GASTO SUBVENCIONABLE
Coste salarial da empresa durante 12 meses a contar dende a finalización do período subvencionable por Pel Pemes Creación Ampliación 2020, é dicir o soldo bruto e a cuota da seguridade social a cargo da empresa, con un máximo de 11.000 euros para contratacións a xornada completa.
OBRIGAS
- Manter o nivel de emprego dende o 25 de febreiro de 2021 e durante todo o período subvencionable.
- Manter o tipo de contrato e a xornada durante todo o período subvencionable.
IMPORTE DA AXUDA:
O importe da axuda é do 50% do coste salarial dos 12 meses, ata un máximo de 11.000 euros.
O PLAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES REMATA O VINDEIRO 15 DE ABRIL ÁS 14:00 HORAS.