Plan emprego local

AXUDA PLAN DE EMPREGO LOCAL 2022

  • PEL EMPRENDE INVESTIMENTO
  • PEL AUTÓNOM@S
  • PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN
  • PEL PEMES MANTEMENTO

NORMAS COMÚNS AS CATRO LIÑAS DE AXUDA:

BENEFICIARIOS:

Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, que con anterioridade o 11 de abril de 2022 desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro e con actividade nun concello da provincia da Coruña.

Atoparse oa corrente nas súas obrigas con Facenda, Seguridade Social e Deputación da Coruña dende a presentación da solicitude.

CRITERIOS DE VALORACIÓN:

CRITERIOS DE VALORACIÓN ASPECTOS A VALORAR MÁXIMO 40 PUNTOS
1 Poboación do municipio no que se atope o domicilio fiscal da empresa (máximo 10 puntos) Menor ou igual a 2.000 habitantes 10
De 2.001 a 4.000 habitantes 7
Datos de poboación segundo os últimos datos dispoñibles no Instituto Galego de Estatística (IGE) De 4.001 a 5.000 habitantes 4
De 5.001 a 10.000 habitantes 2
De 10.001 a 19.999 habitantes 1
20.000 habitantes ou máis 0
2 Actividade económica do solicitante (máximo 8 puntos) Solicitantes de sectores estratéxicos, emerxentes e de alto potencial de Galicia (só aqueles indicados no Anexo 4 destas bases) 3
Teranse en conta as actividades económicas que consten de alta no Certificado de situación censual do solicitante
Datos referidos á data Do 05/04/2022. Solicitantes con actividades económicas especialmente afectadas pola pandemia COVID 19 (So aquelas recollidas no Anexo 4 destas bases) 5
3 Tipo de solicitante (máximo 10 puntos) • Persoas autónomas 10
Datos referidos á data Do 05/04/2022.*** • Cooperativas
• Sociedades laborais
4 Non ter sido beneficiario/a na convocatoria PEL 2021 (máximo 12 puntos) O/a solicitante non foi beneficiario/a desta axuda na convocatoria PEL 2021. 12

 

 

***Na liña PEL AUTÓNOM@S non puntua o tipo de solicitante.

 

PEL EMPRENDE INVESTIMENTO 2022

REQUISITOS DOS DESTINATARIOS:

  • Ter enderezo fiscal nalgún concello da provincia da Coruña.
  • Ter unha antigüedade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial (no caso de autónomos a contar dende a alta na seguridade social, no caso de persoas xurídicas dende a data de constitución da empresa).

GASTOS SUBVENCIONABLES:

  • Aplicacións informáticas: refirese o coste na propiedade ou polo dereito de uso de programas informáticos adquirido a terceiros.
  • Maquinaria: conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante os que se realiza a extracción elaboración dos productos ou prestación de servizos.Nesta conta figurarán todos aqueles elementos de transpore interno que se destinen ao trasladode persoal, animais, materiais e mercadorías dentro de factoróas, talleres , etc….sen saír ao exterior.
  • Mobiliario: mobiliarios, material e equipos de oficina.
  • Equipos para procesos de información: computadores e demáis conxuntos electrónicos.

Quedan expresamente excluídas: instalacións, mantementos, obras, reformas, reparación, cubertas, carpas, alugueres, rotulacións, instalación técnicas (climatización, iluminación ou telecomunicacións), páxinas web, hosting, dominios, mantementos das aplicacións informáticas, subscricións anuais, canons, elementos de transporte, o material funxible, artigos de decoración, televisores, elementos de iluminación, aparellos de climatización, sistema de seguridade, telefonía, teléfonos móviles e routers.

CRITERIOS A TER EN CONTA:

  • Debe tratarse de investimentos en elementos novos.
  • O Ive non é subvencionable cando sexa susceptible de recuperación ou compensación pola entidade.
  • O orzamento mínimo de gasto a solicitar é de 3.500 euros e o máximo de 25.000 euros, en ambos topes excluido o Ive.
  • Os investimentos deben realizarse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022.
  • Só se admitirán como máximo 3 facturas por concepto de gasto subvencionado.
  • O pago dos investimentos deberá ser mediante movemento bancario (transferencia, cheque nominativo, cargo en conta, ingreso en conta,…), só se aceptan pagos en efectivo que non excedan de 150 €.

IMPORTE DA AXUDA:

O importe da axuda será do 70 % do orzamento presentado, sendo a axuda máxima de 17.500 euros (sen ive).

OBRIGAS:

  • Destinar os bens subvencionados ao fin concreto para o cal foi concedida a axuda por un período mínimo de 2 anos a contar desde a adquisición do ben.

 

PEL – AUTÓNOM@S 2022

REQUISITOS DOS DESTINATARIOS:

  • Ter enderezo fiscal nalgún concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
  • Estar de alta como traballador autónomo e ter unha antigüedade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial.
  • Non estar a recibir ninguna axuda por parte de ningún organismo para sufragar as cotas sociais de autónomo para o período subvencionado (tarifa plana, cata…..)
  • Exclúense desta liña de axudas aos autónomos colaboradores e autónomos societarios.

GASTOS SUBVENCIONABLES:

  • Cotas mensuais de autónomos correspondentes a cotas non bonificadas por ningún outro organismo público nin privado.

IMPORTE DA AXUDA:

  • 200 euros mensuais durante 12 mensualidades como máximo e 6 meses como mínimo, correspondentes aos meses de 2022 (70%, cun mínimo de 1.200€ e máximo de 2.400€).

OBRIGAS:

  • Manter a alta de autónomos ata o 31/12/2022.

 

PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN 2022

Axuda á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal.

REQUISITOS DOS DESTINATARIOS:

  • Domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
  • A actividade da empresa debe estar relacionada cos perfís profesionais da persoa contratada.

EXCLUSIÓNS:

  • Contratacións realizadas con traballadores que nos 6 meses anteriores á data de contratación prestasen servizos na mesma empresa mediante un contrato indefinido ou temporal (excepto contrato de formación ou prácticas).
  • Relacións laboráis de carácter especial.
  • Contratacións para posta a disposición.

REQUISITOS DA CONTRATACIÓN:

  • Será subvencionable calquera modalidade contractual das recoñecidas no Estatuto dos Traballadores.
  • A duración mínima do contrato debe ser de 6 meses.
  • Subvencionarase tanto contratos a xornada completa como parcial.
  • Subvencionaranse as contratacións realizadas dende o 01/01/2022.

IMPORTE DA AXUDA:

O importe da axuda é do 70 % do coste salarial do traballador contratado, entendendose por coste salarial o soldo bruto e a cota da seguridade social a cargo da empresa, así como outros gastos sociais relativos á prestación por IT a cargo do empresario e a indemnización por fin de contrato.

Subvencionaranse exclusivamente os meses da contratación incluídos dentro da anualidade 2022.

O importe máximo a conceder será de 15.000 euros para contratos a xornada completa e proporcional no caso de contratos a tempo parcial

.

CRITERIOS A TER EN CONTA:

  • A nómina do traballador deberá ser aboada por transferencia bancaria.
  • Se o solicitante foi beneficiario na convocatoria do 2021, debe constar de alta no seu cadro de persoal o posto subvencionado en 2021.
  • Manter o tipo de contrato indicado na solicitude. Admitiranse as transformacións a indefinidos e os aumentos de xornada por considerarse melloras.
  • Obriga de manter o nivel de emprego existente na empresa dende o 28 de marzo de 2022 e durante todo o período subvencionable. No caso de contratacións realizadas previas o 28 de marzo de 2022, a obriga de mantemento comenzará desde o momento de contratación do traballador subvencionado.
  • Cumprir coa normativa laboral, de seguridade social, de prevención de riscos, protección de datos e tributarias.

 

 

PEL PEMES MANTEMENTO 2022

Axuda para o mantemento da contratación laboral indefinida de persoas contratadas con cargo ó Programa Pel Pemes Creación e Ampliación 2021.

GASTO SUBVENCIONABLE:

  • Coste salarial da empresa durante 12 meses a contar dende a finalización do período subvencionable por Pel Pemes Creación Ampliación 2021, é decir o soldo bruto, cota da seguridade social a cargo da empresa, otros gastos sociais relativos á prestación por Incapacidade Temporal a cargo do empresario e a indemnización por fin de contrato.

OBRIGAS:

  • Manter o tipo de contrato e a xornada durante todo o período subvencionable, admitiranse incrementos de xornada.
  • Manter o domicilio fiscal na provincia da Coruña nun concello con poboación inferior a 20.000 habitantes.
  • Manter o nivel de Emprego existente na empresa beneficiaria dende o 28 de marzo de 2022 e durante todo o período subvencionado.
  • Cumprir coa normativa de laboral, seguridade social, prevención de riscos, protección de datos e tributarias.

 

IMPORTE DA AXUDA:

O importe da axuda é do 50% do coste salarial dos 12 meses, ata un máximo de 11.000€ para un contrato indefinido a xornada completa no que a persoa contratada sexa parado de longa duración, muller, menor de 30 anos, maior de 45 anos ou persoa con diversidade funcional. Para o resto de colectivo o límite máximo será de 10.000€. No caso de xornadas parcias o imorte será proporcional a xornada de traballo.

 

 

O PLAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES REMATA O VINDEIRO 11 DE MAIO AS 14:00 HORAS.

 Valorase a data de presentación, de maneira que resultarán beneficiarios os que primeiro se presenten, se estás interesado por favor, contacta con nos o antes posible.