AXUDAS DESTINADAS Á REALIZACIÓN DE PROXECTOS INNOVADORES NO SECTOR EXTRACTIVO
Axudas destinadas á realización de proxectos innovadores no sector extractivo, incluída a transformación e comercialización e tamén operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños, co fin de fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva.
– Axudas a proxectos innovadores no sector extractivo: entenderase por tales os que teñan como obxectivo desenvolver ou introducir produtos e equipamentos novos ou substancialmente perfeccionados, procesos ou técnicas novas ou perfeccionadas ou sistemas de xestión e organización novos ou perfeccionados no sector extractivo, tamén na transformación e comercialización
– Axudas a operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños: que contribúan á eliminación gradual dos descartes e das capturas accesorias, que teñan como obxectivo desenvolver ou introducir novos coñecementos técnicos ou organizativos, que reduzan os efectos da pesca sobre o ambiente, en particular, mediante técnicas de pesca perfeccionadas e a selectividade das artes, ou que teñan por obxectivo lograr un uso máis sustentable dos recursos biolóxicos mariños e a coexistencia cos pre‑ dadores protexidos.
BENEFICIARIOS:
- Propietarios de buques pesqueiros: O buque ten que estar na 3ª lista do Rexistro de Matrícula de Buques e Empresas Navieiras. Ter o seu porto base en Galicia e estar de alta no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira.
- Organizacións ou asociacións dos anteriores, incluídas as confrarías de pescadores.
- Os investimentos para os cales se solicite axuda non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio, e non poderán estar finalizados nin pagados antes da data de presentación da solicitude.
- O investimento non poderá aumentar a capacidade de pesca do buque nin o equipamento aumentar a capacidade de detectar peixe.
- A persoa solicitante non pode estar incursa en ningunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, ou nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- A persoa solicitante debe atoparse ao corrente no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decre‑ to 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- A persoa solicitante non pode ter pendente de pagamento ningunha sanción firme por infracción da normativa marítimo-pesqueira. 6. A persoa solicitante non pode ter cometido infracción grave.
- No marco do FEP ou FEMP, a persoa solicitante non pode ter sido.
- Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, a persoa solicitante debe estar ao corrente nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
CUANTÍA:
O importe do investimento subvencionable será o que se obteña da valoración das obras ou investimentos con criterios técnico-económicos, obxectivos e homoxéneos, de acordo cos informes emitidos.
A contía máxima da axuda será, con carácter xeral, o 50% do investimento máximo subvencionable.
INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES:
1. En proxectos innovadores no sector extractivo:
a) Produtos e equipos novos ou substancialmente perfeccionados.
b) Procesos e técnicas novas ou perfeccionadas.
c) Sistemas de xestión e organización novos ou perfeccionados.
2. En operacións innovadoras relacionadas coa conservación dos recursos biolóxicos mariños:
a) Teñan como obxectivo desenvolver ou introducir novos coñecementos técnicos ou organizativos que reduzan o efecto das actividades pesqueiras no medio ambiente, en particular mediante técnicas de pesca perfeccionadas e a selectividade das artes.
b) Teñan por obxecto lograr un uso máis sustentable dos recursos biolóxicos mariños e a coexistencia da actividade pesqueira coa conservación dos predadores mariños protexi‑ dos. Neste caso deduciranse dos gastos subvencionables os ingresos netos xerados pola participación do buque pesqueiro na operación. Os ingresos netos obteranse dos ingresos xerados pola primeira venda menos os gastos da venda, como as taxas aboadas ás lonxas.
GASTOS SUBVENCIONABLES:
a) Os gastos do persoal contratado polo beneficiario exclusivamente para a realización do proxecto: ata un 100 % do salario, sen contar coa Seguridade Social, que será por conta do beneficiario. A contratación deste persoal será acorde coa súa titulación. A retribución anual que se subvenciona do persoal contratado, non poderá ser superior ao importe vixente no ano de contratación, correspondente ao grupo de titulación, segundo o V Convenio único para o persoal laboral da Xunta de Galicia; na convocatoria do ano 2022 os importes figuran no anexo XIV.
b) Os gastos do persoal propio, que serán como máximo o 10 % da axuda.
c) Os gastos de adaptación do buque ou das instalacións para a realización do proxecto.
d) Os gastos derivados do funcionamento do buque ou das instalacións postas ao dispor do proxecto.
e) Os gastos de construción de prototipos para a realización do proxecto.
f) Os gastos de adquisición de equipamentos e material científico e de laboratorio e outros que, neste ámbito, se xustifiquen debidamente segundo a finalidade e o proxecto presentado.
g) Os gastos de alugueiro de buques, equipos ou instalacións necesarios para a realización do proxecto.
h) A realización de traballos ou servizos externos non habituais na actividade do beneficiario que teñan relación co proxecto e que se consideren necesarios na execución deste.
i) Os gastos derivados da participación do organismo científico ou técnico que colabora no desenvolvemento das operacións e realiza a validación dos resultados.
Poderán, ademais, considerarse elixibles outros gastos que, quedando plenamente identificados, poidan ser esenciais para levar a cabo o proxecto ou operación. A comisión de selección poderá determinar o persoal máximo que se poida subvencionar en función da envergadura do proxecto.
NON SUBVENCIONABLES:
– As operacións que incrementen a capacidade de pesca dun buque ou o equipamento que aumente a capacidade do buque de detectar peixe.
– As construcións ou importacións de buques.
– A pesca exploratoria.
– O imposto do valor engadido (IVE) nin outros impostos recuperables.
– As transferencias de propiedade dunha empresa.
– Os gastos de reposición de elementos, infraestruturas, instalacións e equipamentos, nin os gastos de mantemento das estruturas ou empresas.
– As adquisicións de elementos, infraestruturas, instalacións e equipamentos de segundo uso e posteriores.
– A adquisición de elementos e todo tipo de bens que non sexan pagados por transferencias bancarias ou aqueles pagos mediante préstamos de entidades provedoras.
De ser o caso, serán subvencionables os gastos dos proxectos técnicos, que non poderán superar o límite do 12 % do investimento máximo subvencionable. da Acta de non inicio e a data límite de xustificación da primeira anualidade establecida na resolución de concesión da axuda ou a súa modificación, de ser o caso. Para a anualidade 2023 admitiranse os gastos correspondentes á acción subvencionable efectivamente pagados dentro do período comprendido entre a data límite de xustificación da primeira anualidade e a data límite de xustificación da segunda.
O 26 DE FEBREIRO DE 2022 REMATA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.