axuda autonomo

BONO NOVA OPORTUNIDADE DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

BENEFICIARIOS:

As persoas que se dean de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social no período  do 1 de xaneiro de 2020 ao 30 de setembro de 2020 e cesaran con anterioridade na súa actividade causando baixa na seguridade social e no imposto de actividades económicas (IAE) por causas económicas.

REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS:

Na data da solicitude ou data de inicio de actividade para as persoas que xa se deran de alta antes da solicitude:

a) Que o cese da actividade se producira con seis meses de antelación polo menos.

b) Que teña cotizado anteriormente a esta nova alta ininterrompidamente polo menos durante 6 meses durante a súa vida laboral no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social.

c) Estar inscrito como demandante de emprego e carecer de ocupación efectiva e non ter contrato laboral en vigor segundo informe de vida laboral e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.

d) Darse de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 30 de setembro de 2020.

e) Realizar unha formación de mínimo 70 horas sobre formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así se xustifique, que estea finalizada no prazo de 3 meses antes da alta e ata o 31 de outubro de 2020.

f) Que as persoas desempregadas teñan o domicilio fiscal en algún concello de Galicia e desenvolvan a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

AXUDAS:

  • BONO APOIO: concederase unha axuda de 6.000 € as persoas que estiveran inscritas como demandantes de emprego antes da data de solicitude ou da alta de autónomos.
  • BONO FORMACIÓN: axuda de ata 6.000 € para realizar un mínimo de 70 horas de formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio a emprender e así se xustifique. Deberá estar finalizada no prazo comprendido de tres meses antes da alta ata o 31 de outubro de 2020.

A axuda máxima será de 12.000 €

A axuda farase efectiva con pago anticipado do 100% do importe da subvención concedida.

Esta axuda será compatible coa axuda por establecemento como traballador autónomo.

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS:

  • Permanecer en alta mínimo dous anos salvo cesamento por causas alleas á súa vontade.
  • Estar o día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social.

PRAZO:

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro de 2020. A presentación da solicitude supón un compromiso de emprendemento e de formación de polo menos 70 horas.

Gestoría María Lariño Ares
981 74 58 98 // 628 878 872