PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN

BENEFICIARIOS:

Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, que con anterioridade o 19 de febreiro de 2020 desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro.

Non poderán ser solicitantes as sociedades civís, asociación, autónomos colaboradores nin cofradías.

As axudas Pel Pemes e Pel Emprende son incompatibles entre sí, de maneira que un mesmo solicitante só poderá solicitar unha única axudas destas modalidades.

As axudas Pel Pemes (Creación e mantemento) son compatibles entre sí.

Atoparse o corrente nas súas obrigas con Facenda, Seguridade Social e Deputación da Coruña dende a presentación da solicitude.

Axuda para a contratación de persoas en situación de desemprego.

REQUISITOS DOS DESTINATARIOS:

  • Domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes.
  • A actividade da empresa debe estar relacionada cos perfís profesionais da persoa contratada.
  • O posto de traballos a subvencionar debe ser un posto de nova creación. De maneira que si a entidade foi beneficiaria en convocatorias anteriores debe constar de alta no seu cadro de persoal o traballador do posto de traballo subvencionado en convocatorias anteriores.

REQUISITOS DAS PERSOAS A CONTRATAR:

  • Estar empadroado en calquer municipio da provincia da Coruña.
  • Estar desempregado inscrito na oficina de emprego.

EXCLUSIÓNS:

  • Contratacións realizadas con traballadores que nos 24 meses anteriores á data de contratación prestasen servizos na mesma empresa mediante un contrato indefinido.
  • Contratacións realizadas con traballadores que nos últimos 6 meses anteriores á data de contratación prestasen servizos na mesma empresa mediante un contrata temporal.
  • Traballadores que finalicen unha relación laboral de carácter indefinido noutra empresa nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se solicita a axuda, agás que dita relación laboral finalizase por causa dun despedimento recoñecido ou declarado improcedente ou despido recollido no ártigo 49.1.g, 51 e 52.c do Estatuto dos Traballadores.
  • Relacións laboráis de carácter especial.
  • Contratacións para posta a disposición.
  • Contratos realizados co cónxuxe, ascedentes e descendentes e demais parentes por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao inclusive.

REQUISITOS DA CONTRATACIÓN:

  • Será subvencionable calquera modalidade contractual das recoñecidas no Estatuto dos Traballadores.
  • A duración mínima do contrato debe ser de 12 meses.
  • Subvencionarase tanto contratos a xornada completa como parcial.
  • Subvencionaranse as contratacións realizadas entre o 1 de xaneiro de 2020 e ata un máximo de 2 meses a contar desde a data de publicación no BOP da resolución de concesión da axuda.

IMPORTE DA AXUDA:

O importe da exuda é do 70 % do coste salarial do traballador contratado, entendendose por coste salarial o soldo bruto e a cota da seguridade social a cargo da empresa.

O importe máximo a conceder será de 15.400 euros.

A nómina do traballador deberá ser aboada por transferencia bancaria.