PEL PEMES MANTEMENTO

BENEFICIARIOS:

Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, que con anterioridade o 19 de febreiro de 2020 desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro.

Non poderán ser solicitantes as sociedades civís, asociación, autónomos colaboradores nin cofradías.

As axudas Pel Pemes e Pel Emprende son incompatibles entre sí, de maneira que un mesmo solicitante só poderá solicitar unha única axudas destas modalidades.

As axudas Pel Pemes (Creación e mantemento) son compatibles entre sí.

Atoparse o corrente nas súas obrigas con Facenda, Seguridade Social e Deputación da Coruña dende a presentación da solicitude.

Axuda para o mantemento da contratación laboral indefinida de persoas contratadas con cargo ó Programa Pel Pemes Creación e Ampliación 2019.

GASTO SUBVENCIONABLE:

  • Coste salarial da empresa durante 12 meses a contar dende a finalización do período subvencionable por Pel Pemes Creación Ampliación 2019, é decir o soldo bruto e a cuota da seguridade social a cargo da empresa, con un máximo de 11.000 euros para contratacións a xornada completa.

IMPORTE DA AXUDA:

O importe da axuda é do 50% do coste salarial dos 12 meses, ata un máximo de 11.000 euros.