SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS

OBXETO:

Adquirir maquinaria e equipamento co fin de mellorar, ampliar e/ou modernizar as empresas existentes que desenvolvan actividades non agrícolas en zonas rurais.

 

BENEFICIARIOS:

Autónomos, microempresas e pequenas empresas situadas en zonas rurais de Galicia e constittuídas con anterioridade ao 1 de setembro de 2021.

Non poden ser beneficiarios empresas que operen no sector da pesca e acuicultura

 

REQUISITOS:

  • Non estar iniciados na data de presentación da solicitude de axuda. Para estes efectos, considerarase como inicio do investimento o comenzó dos traballos de construcción ou ben o primeiro compromiso en firme para o pedido dos equipamentos ou outro compromiso que faga o investimento irreversible e que vincule xuridicamente ao solicitante, se esta data é anterior.
  • Desenvolverse no territorio de Galicia.
  • No caso de proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas, o investimento proxectado deberá mellorar o rendemento global da empresa solicitante (aumentar a competitividade da empresa, reducir os custos, reducir o impacto ambiental, implantar novos productos, procesos ou tecnoloxías, ….)
  • Quedarán excluidos aqueles proxectos que presenten un orzamento elixible inferior a 10.000 euros e/ou superior a 20.000 euros)

 

PROXECTOS SUBVENCIONABLES:

  • Adquisición de maquinaria e equipamento, deben ser NOVOS.
  • Prestación de servizos en calquer sector económico
  • Actividades de ocio, recreativas e deportivas.
  • Artesanía e actividades artesanais.
  • Actividades baseadas na innovación tecnolóxica e no comercio electrónico.
  • Actividaes nos sectores da enxeñería, arquitectura, servizos técnicos, limpeza industrial.

 

NON SERÁN SUBVENCIONABLES:

  • a) Material funxible en xeral.
  • b) Envases e embalaxes, mesmo cando sexan reutilizables.
  • c) A reposición ou simple substitución de equipamento e maquinaria, salvo que a nova adquisición corresponda a equipamentos ou maquinaria distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía utilizada ou polo seu rendemento ou eficiencia ambiental, que deberá xustificarse na memoria-resumo do proxecto.
  • d) Equipamentos de calefacción, climatización e ventilación, así como as instalacións que comporten.
  • e) Traídas e acometidas de servizos.
  • f) Adquisición de maquinaria, equipamento e materiais de segunda man.
  • g) Adquisición de maquinaria e equipamento destinada ao alugamento.
  • h) Equipamentos informáticos de oficina e licenzas informáticas en sistemas operativos e aplicacións de ofimática.
  • i) Deseño e/ou actualización de páxinas web.
  • j) Compra de vehículos de transporte exterior, de vehículos especiais agrícolas e de obras, e a súa adecuación.
  • k) Mobiliario, instalacións, útiles e ferramentas.
  • l) Investimentos non axustados no seu dimensionamento e capacidade ás actividades que vai desenvolver a empresa a curto prazo, ou ben dun importe unitario superior ao básico do mercado para unidades ou elementos de igual capacidade.
  • m) Investimentos non relacionados directamente coas actividades desenvolvidas polo solicitante.
  • n) Os gastos de aluguer de instalacións e equipamentos, nin os investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing).
  • o) A man de obra propia e os materiais de igual procedencia.
  • p) A adquisición de terreos.
  • q) As taxas por licenzas administrativas.
  • r) O imposto de valor engadido (IVE) e calquera outro imposto, agás que non sexa recuperable pola persoa beneficiaria.
  • s) Os gastos financeiros producidos como consecuencia do investimento.
  • t) Os xuros debedores.
  • u) Os conceptos do orzamento sen desagregar tales como “outros” ou partidas a tanto global.
  • v) Os investimentos realizados con carácter previo á presentación da solicitude da axuda, con excepción dos custos xerais vinculados ao investimento.

CUANTÍA:

A axuda será do 45 % dos gastos subvencionables.

 

PRAZO:

O prazo de presentación de solicitude remata o 25/02/2022.

O prazo límite para executar e xustificar os investimentos correspondentes será ata o 30/09/2022.

 

GESTORIA LARIÑO ARES

628 878 872  //  981 74 58 98