PLAN GALICIA EMPREGA 2024
BENEFICIARIOS:
Pequenas e medianas empresas, así como autónomos, sociedades civís e comunidades de bens cun centro de traballo en Galicia.
LIÑA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA:
- Contratacións indefinidas iniciais a xornada completa de persoas desempregadas inscritas (exclúense os fixos discontinuos). O colectivo de discapacitados ou en risco de exclusión poden ser contratación cunha xornada mínima do 50%.
- Incrementos de xornada dos contratos indefinidos. O incremento ten que suponer unha xornada completa.
- Incremento da duración anual dos contratos fixos -discontinuos: mínimo 9 meses /ano e a xornada completa.
- Adaptación dos postos de traballo ou dotación de equipos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laboráis de persoa traballadora con discapacidade, eliminación de barreiras……
LIÑA INCENTIVOS ÁS ACCIÓNS FORMATIVAS NO CENTRO DE TRABALLO.
LIÑA INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA:
REQUISITOS:
- Que a contratación se realice con persoas desempregas inscritas e que pertenzan a algún dos seguintes colectivos: persoa xoven, persoa parada de longa duración, persoa igual ou maior de 52 anos, persoa emigrante retornada, pesoa extranxeira, muller, persoa con discapacidade ou en risco de exclusión social.
- Contratacións e ou ampliación de xornada realizadas entre o 30/09/2023 e o 29/09/2024 .
- Que as contratación teñan lugar con anterioridade ou no mesmo día de presentación da axuda.
CUANTÍAS:
LIÑA CONTRATACIÓN:
- Persoa xoven: 6.000€
- Parado de longa duración: 9.000€
- Persoa de 52 ou máis anos: 9.000€
- Emigrante ou extranxeiro: 9.000€
- Muller: 10.000€
- Persoa con discapacidade ou en risco de exclusión social: 14.000€
Estas cuantías incrementaranse un 15 % nos seguintes casos:
- Centro de traballo está nun concello rural
- Persoa contratada maior de 45 anos (salvo para as contrtacións de persoas de 52 ou máis anos)
- Muller (salvo contratación do colectivo de mulleres)
- Persoa trans.
- Contratacións con mulleres en profesión ou oficios nos que estén subrepresentadas.
LIÑA AMPLIACIÓN DE XORNADA: 2.000€, 3.000€ para persoas con discapacidade
LIÑA AMPLIACIÓN FIXOS DISCONTINUOS: 4.000€
LIÑA ADAPTACIÓN POSTO DE TRABALLO: 1.000€
OBLIGACIÓNS:
- Mnater o posto de traballo subvencionado 3 anos a contar dende a data de contratación ou ampliación de xornada.
LIÑA INCENTIVOS ÁS ACCIÓNS FORMATIVAS NO CENTRO DE TRABALLO:
As empresas que así o soliciten podrán ser beneficiarias dun incentivo para a formación, tanto na modalidade presencial como teleformación, das persoas traballadoras subvecionadas por medio dos incentivos á contratación indefinida incial desta orde.
REQUISITOS:
- Persoa traballadora debe ser unha persoa contratada indefinida inicial con cargo a esta orde.
- Acción formativa mínimo 70 horas e deberá estar finalizada a 31/10/2024
CUANTÍA: 4.000€
PRAZO DE SOLICITUDE PARA TÓDALAS LIÑAS DENDE O 26/01/2024 ATA O 29/09/2024
XESTORÍA LARIÑO ARES
981 74 58 98 // 628 878 872
laboral@gestorialarinoares.com