axudas hosteleria

SUBVENCIÓN PARA ACTUACIÓNS DE MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DOS ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS DE ALOXAMENTO E RESTAURACIÓN (TU503A)

BENEFICIARIOS:

Persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento (hoteis, establecementos de turismo rural, apartamentos turísticos e albergues turísticos) e restauración (restaurantes) que teñan autorizado ou clasificado o establecemento no REAT.

Deberán acreditar unha antigüedade da actividade turística mínima de 5 anos.

Só unha solicitude por establecementos, si a persoa interesada ten máis dun establecemento, deberá presentar unha solicitude por cada un.

 

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES (REALIZADAS A PARTIR DO 01/01/2024):

  • Actuacións destinadas a melloras as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Obras destinadas á mellora das instalación coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.
  • Actuación destinadas á adaptación ás modificacióna normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
  • Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
  • Equipamentos mobles necesarios apra o funcionamento.
  • Actuación de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
  • Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do extablecemento.
  • Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

 

CRITERIOS DE VALORACIÓN (mínimo 30 puntos):

Puntuarase a antigüedade na activiade, o grao de investimento, a creación e consolidadción do emprego, o tamaño da empresa, estar en posesión dalgún certificado de calidade, ter certificacións ambientais internacionalmente recoñecidos e ter plans de formación e igualdade.

 

CUANTÍA:

A cuantía vai en función da puntuación acadada, que mínimo deberá ser de 30 puntos.

  • Entre 80 e 100 puntos: 60%
  • Entre 60-79 puntos: 50%
  • Entre 30-59 puntos: 40%

Máximo 60.000 € por solicitante.

PRAZO:

O prazo de presentación de soicitudes remata o 19 de febreiro de 2024.