calidade_q_galicia

Subvencións para actuacións de mellora das infraestructuras dos establecementos turísticos de aloxamento e restauración

Beneficiarios:

Persoas físicas ou xurídicas, titulares de establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural, albergues turísticos ou restaurantes que teñan o establecemento autorizado ou clasificado no Rexistro de Empresas Turísticas da Xunta de Galicia.

Deben ter unha antigüidade na actividade turística non inferior a 5 anos.

Actuacións Subvencionables: (actuacións que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2020):

  • Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
  • Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.
  • Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento da categoría.
  • Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento da contorna da instalación.
  • Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
  • Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.

Inclúense como subvencionables os gastos de servizos vinculados ó proxecto, como honorarios técnicos da redacción do proxecto e dirección de obra (máximo 6% do investimento).

Non son gastos subvencionables a adquisición de terreos, edificacións, locais e elementos de transporte, nin utillaxe, nin obras de mantementos tales como limpeza de canales, pintura,… seguros, licenzas,…

Criterios de valoración:

  • Antigüidade
  • Grao de investimento: valorarase o investimento que se realice en relación coa superficie construida do establecemento.
  • Impacto no emprego.
  • Tamaño da empresa.
  • Dispor de certificados de calidade.
  • Dispor de certificacións ambientais.
  • Dispor de plan de formación/igualdade.

Importe:

O investimento máximo é de 100.000 € (sen IVE) dos cales se subvencionará como máximo o 35%.

Importe máximo da axuda serán 35.000 euros e o mínimo 25.000 euros para o cal o solicitante deberá acadar unha puntuación mínima de 20 puntos.

Obrigas:

Manter a actividade subvencionada mínimo 5 anos.

Estar o día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social.

Publicidade da axuda concedida durante os 5 anos.

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes remata o luns 30 de decembro de 2019.

Máis información:

Gestoría Lariño Ares
981 745 898 // 628 878 872