ayudas comercio

BONO AUTÓNOMO 2019

Beneficiarios:

1.- Autónomos que estean de alta, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

2.- As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior de 42 meses.
  • Ter a empresa unha facturación mínima de 12.000 euros, IVE incluído, na última declaración realizada.
  • Ter a empresa unha base impoñible no imposto de sociedades da última declaración realizada inferior a 30.000 euros. No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF.

Quedan excluídos desta orde:

  • Os autónomos familiares colaboradores do titular do negocio.
  • As persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas nalgunha das dúas anteriores convocatorias.

OBXETO

Esta axuda terá 2 liñas de actuación:

LIÑA 1:

  • Investigación de mercado
  • Plan de márketing
  • Plan de comunicación do negocio
  • Plan de crecemento: constitución da sociedade
  • Plan de reorientación do negocio
  • Plan de refinanciamento

LIÑA 2:

  • Compra de maquinaria
  • Compra de útiles e ferramentas
  • Reforma do local de negocio
  • Equipamentos informáticos
  • Rótulos
  • Aplicacións informáticas e páxinas web
  • Creación de logotipo do negocio
  • Mobiliario

Ambas liñas non son excluintes entre sí, no caso de solicitar axudas da liña 1 e 2, atenderase primeiro as da liña 1, co límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

IMPORTE

Subvención dun 80% cun límite máximo de 3.000 euros, mediante pago anticipado do 100%, pago que se fará efectivo unha vez concedida a subvención.

PRAZO

O prazo para presentar solicitudes remata o 2 de agosto de 2019.