PEL EMPRENDE INVESTIMENTO

BENEFICIARIOS:

Pequenas, medianas empresas, microempresas e persoas autónomas, que con anterioridade o 19 de febreiro de 2020 desenvolvan unha actividade con ánimo de lucro.

Non poderán ser solicitantes as sociedades civís, asociación, autónomos colaboradores nin cofradías.

As axudas Pel Pemes e Pel Emprende son incompatibles entre sí, de maneira que un mesmo solicitante só poderá solicitar unha única axudas destas modalidades.

As axudas Pel Pemes (Creación e mantemento) son compatibles entre sí.

Atoparse o corrente nas súas obrigas con Facenda, Seguridade Social e Deputación da Coruña dende a presentación da solicitude.

REQUISITOS DOS DESTINATARIOS:

  • Ter enderezo fiscal nalgún concello da provincia da Coruña.
  • Ter unha antigüedade máxima de 5 anos de exercicio continuado na actividade empresarial.

GASTOS SUBVENCIONABLES: só se admiten 2 facturas por cada gasto subvencionado.

  • Aplicacións informáticas: refirese o coste na propiedade ou polo dereito de uso de programas informáticos adquirido a terceiros.
  • Maquinaria: conxunto de máquinas ou bens de equipo mediante os que se realiza a extracción elaboración dos productos ou prestación de servizos.
  • Mobiliario: mobiliarios, material e equipos de oficina.
  • Equipos para procesos de información: computadores e demáis conxuntos electrónicos.

CRITERIOS A TER EN CONTA:

  • Debe tratarse de investimentos en elementos novos.
  • O Ive non é subvencionable.
  • O orzamento mínimo de gasto a solicitar é de 3.500 euros e o máximo de 25.000 euros, en ambos topes excluido o Ive.
  • Os investimentos deben realizarse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020, se a resolución da axuda é posterior o 15 de decembro de 2020 ampliarase o prazo para facer o investimento ata o 1 de marzo de 2021.
  • O pago dos investimentos deberá ser mediante transferencia bancaria.

IMPORTE DA AXUDA:

O importe da axuda será do 70 % do orzamento presentado, sendo a axuda máxima de 17.500 euros (sen ive).

OBRIGAS:

  • Destinar os bens subvencionados ao fin concreto para o cal foi concedida a axuda por un período mínimo de 3 anos a contar desde a adquisición do ben.